Éxito na entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lvcvs

"Toca reinventarse e con iniciativas deste tipo pretendemos xerar optimismo á veciñanza, pero velando sempre pola seguridade” explicaba a rexedora aos veciños.

No acto tamén se presentou o spot promocional do Arde Lucvs 2021, Xulio César convoca ao pobo romano e castrexo da cidade de Lugo a conquistar o mundo por streaming.

A retransmisión por streaming poderáse seguir na canle oficial de YouTube o sábado 19 de xuño de 16.00h 18.30h.

A XX edición do Arde Lucus, terá lugar os días 17, 18, 19 e 20 de xuño. Novamente, se recorrerá, debido as restricións sanitarias, a un formato mixto.

Martes, 08 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito na entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lvcvs

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez asistiu esta mañá ao acto organizado pola área de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto na que se realizou a entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lucus para balcóns e ventás, que se esgotaron pasados os 15 minutos.

Méndez destacaba o "éxito da convocatoria" que pon de manifesto que "toca reinventarse e con iniciativas deste tipo pretendemos xerar optimismo á veciñanza, pero velando sempre pola seguridade dos nosos veciños e veciñas”. Pola súa banda o edil animaba aos asistentes a compartir esta nova para “encher a cidade de mensaxes que axudarán a non perder o espírito desta gran festa de recreación histórica”.

Minutos antes do reparto das bandeloras castrexas e romanas, reproduciuse o spot promocional do XX Arde Lvcvs, producido por Festigaleiros e rodado integramente en Lugo, no mesmo participaron as asociacións de recreación histórica lucense ademais dos actores galegos Sergio Pazos e Andrés Castelo, con vestiario cedido por. No vídeo, Xulio César convoca ao pobo romano e castrexo da cidade de Lugo para comunicarlles que este ano  teñen que conquistar ou mundo e que o van a facer por streaming. O edil animou a todo o mundo a seguir a retransmisión na canle oficial de YouTube (@ArdeLvcvs) o sábado 19 de xuño de 16.00h 18.30h.

A recollida de estandartes poderá realizarse na Casa da Xuventude, dende hoxe ao día 15 xuño en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.30 h. Para recoller o mesmo deberá presentarse: DNI e enderezo do domicilio familiar, así como comprométerse a colgar do balcón/ventá da súa casa, dende o 14 ao 20 de xuño, o estandarte recollido nas dependencias municipais e subir unha fotografía co cancelo #AvivandoAchama.

A rexedora agradeceu a participación dos veciños de Lugo, que “nos axudan a embelecer a cidade a través das súas fiestras, balcóns ou fachadas e como non a avivar a chama da nosa gran festa de recreación histórica outro ano máis”.

Máis info

Audio

  • O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, sobre o reparto de banderolas | Descargar mp3

Multimedia

  • Éxito na entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lvcvs
  • Éxito na entrega simbólica de 100 estandartes decorativos de Arde Lvcvs

Noticias relacionadas