A estrea da exposición de Xaime Quesada e o Día de Rosalía marcan a axenda cultural desta fin de semana en Lugo

A mostra de pintura deste artista de prestixio mundial, en defensa dos dereitos humanos, inaugurarase o sábado ás 12:00 horas no Vello Cárcere. Posteriormente haberá unha visita guiada e unha actuación musical

As homenaxes con motivo do Día de Rosalía de Castro inclúen unha lectura pública de poemas o venres, a partir das 19:00 horas, na Biblioteca Municipal Isidro Novo e outra lectura pública da súa obra, o domingo, dende as 13:00 horas no Parque de Rosalía de Castro

A maiores, esta fin de semana, o Vello Cárcere tamén acollerá o concerto de Uxía Senlle, o venres dende as 20:30 horas. A entrada é libre ata completar cabida

Mércores, 20 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A axenda cultural desta fin de semana en Lugo está marcada pola estrea da exposición de Xaime Quesada. Trátase dunha extraordinaria selección de cadros deste artista de prestixio mundial, concretamente a coñecida como Serie Amarela, que acollerá o Vello Cárcere de Lugo dende este sábado, nas celas da segunda planta. A mostra de pintura, en defensa dos dereitos humanos, inaugurarase ás 12:00 horas e posteriormente haberá unha visita guiada e unha actuación musical. Para que a veciñanza luguesa e a cidadanía en xeral poidan gozar desta serie, o Concello asinou un convenio coa Fundación Xaime Quesada Blanco, no que se establece un prazo de sesión das obras, para a súa exposición, de catro anos.

Esta exposición deriva do desexo de respetar o símbolo da loita contra a represición e a defensa dos dereitos humanos, ao tempo que se rende unha homanaxe universal ás vitimas do horror das ditaduras e das guerras. A elección deste pintor ven refrendada polo espírito universalista que emana da súa creación, influenciada por unha irresistible necesidade de volcar nos seus cadros o berro angustioso ante a crueldade humana. As preocupacións éticas e sociais aparecen reflictidas, como unha pegada indeleble en toda a súa obra, e Xaime Quesada é capaz de estampar nos seus trazos valores éticos de carácter universal, como a loa pola defensa dos dereitos humanos, a solidariedade e o pacifismo; ademais de imprimir unha fonda inquedanza existencial causada pola dor infinita ante o horror que causan as guerras, a pena de morte, a tortura, a miseria e a fame. Esta temática terrible mestúrase cunha descarnada sensibilidade que logra unha beleza tráxica e descougante nos seus cadros.

Xaime Quesada ten pezas expostas en museos espallados polo mundo, como Londres ou Paras, e é quizais o artista galego de maior proxección, polo que suporá unha proxección internacional para Lugo e para o Vello Cárcere.

Destaca tamén na axenda desta fin de semana as distintas homenaxes con motivo do Día de Rosalía de Castro. O venres, a partir das 19:00 horas, a Biblioteca Municipal Isidro Novo acollerá, a proposta do seu Club de Lectura, unha lectura de pública de poemas. O propio domingo, 24 de febreiro, tamén haberá outra lectura pública da súa obra, dende as 13:00 horas no Parque de Rosalía de Castro, a carón do busto da escritora. O Concello colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega con esta iniciativa, que ano tras ano gana máis adeptos.

A maiores, esta fin de semana, o Vello Cárcere tamén acollerá o concerto de Uxía Senlle, o venres dende as 20:30 horas. A entrada é libre ata completar cabida.

Audio

Noticias relacionadas