Entregados os premios do certame de fotografía do Arde Lucus, que contou coa colaboración do Concello

Mércores, 09 de agosto de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os premios do certame de fotografía do Arde Lucus, que contou coa colaboración do Concello

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto con representantes de González Almacén Fotográfico, fixo entrega este mércores, no patio central do Vello Cárcere, dos premios do concurso de fotografía do Arde Lucus, organizado por dita empresa coa colaboración do Concello.

O primeiro premio, dotado cunha cámara Olimpus OMd- 10 markii , foi para Ramón Fuentes por unha fotografía que recolle unha manobra da Guardia Pretoriana; o segundo, unha cámara Olimpus Tough TG-TRACKER, correspondeu a Evaristo Pardeiro grazas a unha fotografía dun adestramento na Castra, e o terceiro, dotado cun vale de 150 euros canxeables na tenda online www.gonzalezalmacen.com, foi parar a Silvia Fernández, cunha instantánea do circo romano.

Noticias relacionadas