Editada unha guía didáctica para estudantes sobre a exposición da Serie Amarela de Quesada, que acolle o Vello Cárcere

Trátase dunha ferramenta complementaria a esta mostra, que poderán solicitar os institutos dende o vindeiro curso, tal e como adiantou Carmen Basadre

Propóñense actividades e tarefas que se enmarcan en distintas materias e que potencian un amplo abano competencial que poida complementar adecuadamente ás programacións proxectadas polos departamentos

Luns, 22 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Editada unha guía didáctica para estudantes sobre a exposición da Serie Amarela de Quesada, que acolle o Vello Cárcere

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto á presidenta da Fundación Xaime Quesada Blanco, María Jesús Blanco e a patroa desta corporación, María Miguelez, presentaron este luns, no patio do Vello Cárcere, unha guía didáctica para estudantes sobre a exposición de cadros da Serie Amarela do artista de prestixio munidal Xaime Quessada, que acolle o Vello Cárcere dende este ano e ata o 2023.

Trátase dunha ferramenta complementaria a esta mostra, que poderán solicitar os institutos dende o vindeiro curso, tal e como adiantou a edil, quen a definiu como unha "iniciativa moi interesante para descubir a exposición, que nos fala dos dereitos humanos, das inxustizas e dos sufrimentos". Para rematar, animou ás rapazas e rapaces de Lugo e ao seu profesorado a traballar sobre esta mostra.

Pola súa banda, Blanco e Miguelez agradeceron o esforzo do Concello de amosar en Lugo, grazas á sinatura dun convenio para a cesión das obras para a súa exhibición, nas celas da segunda pranta deste centro, a obra de Xaime Quesada, e por sacar á luz esta guía que ten un compromiso tiple: estético, social, ético e humano.

Esta guía pretende orientar á labor dos docentes para adaptar as posibilidades desta mostra ás necesidades didácticas, pedagóxicas e organizativas dos centros educativos interesados en traballar esta mostra nas súas aulas. Para dar conta deste obxectivo propóñense actividades e tarefas que se enmarcan en distintas materias e que potencian un amplo abano competencial que poida complementar adecuadamente ás programacións proxectadas polos departamentos.

Sobre a exposición

Esta exposición deriva do desexo de respetar o símbolo da loita contra a represición e a defensa dos dereitos humanos, ao tempo que se rende unha homanaxe universal ás vitimas do horror das ditaduras e das guerras. A elección deste pintor ven refrendada polo espírito universalista que emana da súa creación, influenciada por unha irresistible necesidade de volcar nos seus cadros o berro angustioso ante a crueldade humana. As preocupacións éticas e sociais aparecen reflictidas, como unha pegada indeleble en toda a súa obra, e Xaime Quesada é capaz de estampar nos seus trazos valores éticos de carácter universal, como a loa pola defensa dos dereitos humanos, a solidariedade e o pacifismo; ademais de imprimir unha fonda inquedanza existencial causada pola dor infinita ante o horror que causan as guerras, a pena de morte, a tortura, a miseria e a fame. Esta temática terrible mestúrase cunha descarnada sensibilidade que logra unha beleza tráxica e descougante nos seus cadros.

Xaime Quesada ten pezas expostas en museos espallados polo mundo, como Londres ou Paras, e é quizais o artista galego de maior proxección, polo que suporá unha proxección internacional para Lugo e para o Vello Cárcere.

Audio

  • A edil Carmen Basadre, sobre a exposición da Serie Amarela de Quesada | Descargar mp3

Noticias relacionadas