A Consellería de Vivenda solicita ó Concello de Lugo ó desmontaxe dun xardín próximo á Muralla

Venres, 04 de xaneiro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou o desmontaxe de intalacións e mobiliario urbano do xardín sito na UI 7C, (detrás do Colexio Sanitario entre a rúa Montevideo e a Tinería) a petición da Consellería de Vivenda e Solo que é a propietaria dos terreos.

En setembro do 2004 firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e a Consellería para adecentar esta zona tan próxima á Muralla. Construíuse este xardin sabendo que non era propiedade municipal e que no momento que así o decidira a Consellería tería que levantarse o mobiliario e instalacións de propiedade municipal.

O Concelleiro indicou que a Consellería de Vivenda solicitou esta desmontaxe, que se realizará entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro, a través da Unidade de Xestión Urbanística S.A. para a realización dunhas escavaciones arqueolóxicas dende o Carril dos Fornos ata a Muralla.

González Dopeso indicou que “gustaríanos que si se encontraran restos arqueolóxicos quedase a zona como un xacemento ó aire libre, e no caso de non atopar restos volvese a súa utilización como xardín para embelecer a zona e para que todos os lucenses poidan disfrutar del”.

Situacións dos parques infantis
Por outra banda, o Concelleiro repondeu as críticas realizadas polo Grupo Municipal Popular sobre o estado no que se atopan os parques infantis da cidade. En canto o xardin das Termas, Dopeso indicou que en ningún momento se denunciou ante o Concello a desaparición da tapa dun dos cadros eléctricos do parque e por iso non se tomaran medidas ó respecto. O Concelleiro indicou que no momento no que se soubo púxose en contacto cos servizos eléctricos para repoñela.

Ademáis explicou que o equipo de Goberno está a realizar un esforzo moi importante para adecuar os parques infantis á normativa que entrará a mediados deste ano e só dous dos carecen de valla protectora.

Noticias relacionadas