Concello e Fapacel asinan un convenio de colaboración por catro anos para impulsar as políticas europeas de educación

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a presidenta da Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL), Belén Díaz, asinaron este luns no Salón de Plenos un convenio de colaboración por catro anos co fin de continuar impulsando políticas europeas de educación, formación, emprego e apoio ao emprendemento.

Luns, 30 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Fapacel asinan un convenio de colaboración por catro ano para impulsar as políticas europeas de educación

Para Ana Prieto esta sinerxia supón unha oportunidade máis de seguir dando a coñecer, e máis concretamente na comunidade escolar, todos os aspectos relacionados con Europa, fomentando os intercambios, o diálogo e o entendemento entre as institucións e a opinión pública, así como a difusión de diversas actividades. Nesta liña, a edil lembrou como Europa contribuíu e está a contribuír a mellorar Lugo e a calidade de vida dos veciños e veciñas, a través de iniciativas financiadas con fondos europeos, como o Muramiñae, para unir a cidade e o Miño, o Lugo+Biodinámico, para impulsar unha cidade sostible, ou o Lugo Smart City, co obxecto de avanzar na implantación da administración electrónica e aproveitar as novas tecnoloxías para mellorar a eficacia dos servizos públicos.

No marco desta colaboración, o Concello facilita a FAPACEL un local no edificio no que se ubica o Espazo Lab, no antigo cuartel de Garabolos, dende onde se informa á cidadanía de todos os aspectos institucionais relacionados coa Unión Europea, dende onde se programan actividades ao longo do ano para dar a coñecer a pertenza de Lugo á Unión Europea e tamén dende onde se implementan todos os programas de emprego, formación e orientación laboral, tanto con financiamento propio como europeo.

Audio

Noticias relacionadas