Concello e Deputación de Lugo promoven este venres un faladoiro sobre violencia simbólica nas mulleres

Trátase da 3ª conferencia enmarcada na programación que ofrecen gratuitamente os Gobernos Municipal e Provincial, coa colaboración do Foro Maruxa Mallo, co fin de crear un espazo de dialogo e reflexión da sociedade dende a mirada das mulleres

No relatorio, a xornalista e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, María Xosé Porteiro, reflexionará sobre a violencia simbólica, que utiliza estereotipos, mensaxes ou valores para transmitir e reproducir a desigualdade

A entrada  ao faladoiro, que terá lugar ás 20:00 horas, é libre e gratuíta ata completar o aforo do Auditorio do Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo

Xoves, 01 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello e Deputación de Lugo promoven este venres un faladoiro sobre violencia simbólica nas mulleres

O Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere acollerá este venres ás 20:00 horas o faladoiro de María Xosé Porteiro, A nova misoxinia: a violencia simbólica. Este tercer relatorio está enmarcado dentro dos Faladoiros Feministas, a programación, totalmente gratuíta, que Concello e Deputación de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, ofrecen ás e aos lucenses co fin de crear un espazo de diálogo e reflexión da sociedade dende o punto de vista das mulleres. A entrada á conferencia é libre e de balde ata completar o aforo, 137 prazas.

Esta iniciativa, de conexión do feminismo coa cidadanía, trata de propoñer alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, erradicar os prexuízos que engaiolan ás mulleres, empoderalas e achegar o feminismo á cidadanía como ferramenta de loita contra as violencias machistas. Deste xeito, búscase aportar ferramentas e recursos para fortalecer o empoderamente feminino, favorecer o coñecemento e a situación actual en cuestións de igualdade, identificar as causas do estado actual e definir solucións, entre outros.

No relatorio do vindeiro venres, a xornalista e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, María Xosé Porteiro, reflexionará sobre a violencia simbólica. Un concepto que se emprega para describir unha relación social onde o denominador exerce un modo de violencia indirecta, que utiliza patróns estereotipados, mensaxes, valores ou signos para transmitir e reproducir a dominación, a desigualdade e a discriminación, naturalizando a subordinación da muller na sociedade.

Relatorios

O resto da programación dos Faladoiros Feministas que organizan Concello e Deputación de Lugo, coa colaboración do Foro Feminista Maruxa Mallo, conta cos seguintes relatorios:

- O venres, 6 de abril ás 20:00 horas no Vello Cárcere, desenvolverase o relatorio Aportacións do feminismo e novas formas do patriarcado. Violencia patriarcal..., impartido pola Profesora de Socioloxía e Directora do Centro de Estudos do Xénero e Feminista da UDC, Rosa Cobo Bedía.

- O venres, 25 de maio ás 20:00 horas no Vello Cárcere, celebrarase a conferencia Feminismo e Literatura, da mestra en varias escolas da provincia e escritora, Marica Campo Domínguez. 

Noticias relacionadas