Cohesión Social destinará 306.300 euros ao ano nos servizos socioculturais e de dinamización dos centros de convivencia

Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno local do Concello de Lugo aprobou a proposta presentada pola concelleira da área de Cohesión Social, Ana González Abelleira, para a  contratación da área de Cohesión Social, a cargo de Ana González Abelleira, do servizo de animación sociocultural para os sete centros de convivencia municipais, así como do servizo de atención e dinamización.

Este último contrato está reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social e a empresas de reinserción.

O investimento anual destes servizos será de 174.391 para o de animación sociocultural e de 131.918 para o de dinamización, o que eleva o custo a 306.300 euros. Os contratos poderán ser prorrogables outros catro anos.

Con esta nova licitación, o Concello busca mellorar o nivel de vida e o benestar social da veciñanza lucense no seu tempo de ocio e tempo libre, tanto para os máis pequenos como para as persoas maiores, ofrecendo actividades de animación socio comunitarias e tamén saídas e visitas ao exterior.

Durante o ano pasado, beneficiáronse destes servizos máis de 5.000 lucenses.

Noticias relacionadas