Cohesión Social abre mañá a inscrición para as 50 prazas dunha excursión cultural a Pontedeume o vindeiro 17 de xullo

As e os interesados en participar nesta viaxe poderán apuntarse os próximos días 7, 8 e 9 de xullo, no centro de convivencia de Fingoi, en horario de 9.00 a 13.00 horas.

A programación para esta nova saída cultural inclúe as visitas ás Fragas do Eume, ao Mosteiro de Caaveiro, á praia da Magdalena e ao centro histórico da vila.

Para a concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, “o éxito destas viaxes, que favorecen o ocio saudable e as relacións entre a veciñanza, está máis que demostrado”.

Domingo, 06 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Social abre mañá a inscrición para as 50 prazas dunha excursión cultural a Pontedeume o vindeiro 17 de xullo

A concellería de Cohesión Social do Concello de Lugo sigue adiante co seu programa de saídas e excursións culturais abertas á veciñanza de Lugo, e mañá luns, día 7 abrirá o prazo para apuntarse nalgunha das 50 prazas ofertadas da nova viaxe programada para visitar Pontedeume, o vindeiro 17 de xullo. Continúa así unha programación municipal de éxito, que sempre cobre a súa oferta, e que “contribúe a favorecer o ocio saudable, mellorar as relacións entre os veciños e veciñas e permite aos lucenses realizar, cun custo mínimo, viaxes culturais a distintos puntos da xeografía galega”.

A nova viaxe terá lugar o vindeiro día 17 de xullo, con saída en autobús ás 09.00 horas desde a Praza de Bretaña, con dirección a Pontedeume. A excursión inclúe un percorrido polas Fragas do Eume e visita guiada ao Mosteiro de Caaveiro, para pasar a mañá, mentres que pola tarde haberá tempo para visitar a praia da Magdalena e o centro histórico de Pontedeume.

As e os interesados poderán inscribirse desde mañá luns, día 7 ata o mércores 9, no centro de convivencia de Fingoi, en horario de 09.00 a 13.00 horas, e o custo da viaxe ascende a 4,12 euros.

Olga López Racamonde, anima ás e aos lucenses a inscribirse para reservar algunha das 50 prazas ofertadas desta nova proposta, que continúa a programación deste ano, no que xa houbo saídas a Allariz, Monforte de Lemos, Ourense e, máis recentemente, A Pontenova. Ademais, a concelleira de Cohesión Social lembra que “na adxudicación das 50 prazas ofertadas terán prioridade as persoas que non obtiveron praza nalgunha das saídas anteriores, así como as que se atopen en situación de vulnerabilidade”.

Multimedia

  • Cohesión Social abre mañá a inscrición para as 50 prazas dunha excursión cultural a Pontedeume o vindeiro 17 de xullo

Noticias relacionadas