Cincuenta estudantes internacionais coñecen Lugo da man da USC, do Concello e da Deputación

Medio centenar de estudantes procedentes de diversos países de Europa e de América Latina foron recibidos na Casa do Saber, no Concello e na Deputación

O evento, denominado Welcome Day, foi organizado pola Universidade de Santiago de Compostela para darlle a benvida aos estudantes que se incorporaron ao campus lucense neste cuadrimestre

Mércores, 01 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cincuenta estudantes internacionais coñecen Lugo da man da USC, do Concello e da Deputación

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, participaron esta tarde na recepción ao alumnado internacional que está a cursar os seus estudos no campus lucense.

O encontro, denominado Welcome Day, reuniu a 50 estudantes procedentes de diferentes países de Europa e de América Latina, que se incorporaron durante este cuadrimestre ao Campus Terra da USC. Tras o acto na Casa do Saber, o estudantes foron conducidos ao Concello e logo á Deputación Provincial, onde puideron coñecer de primeira man as dependencias institucionais e a labor que desempeñan.

Noticias relacionadas