A área de Cultura mostrou a presenza do galego nas artes coas actividades organizadas
Maite Ferreiro: “queremos que todas as veciñas e veciños de Lugo teñan acceso á literatura en galego ”

As actividades organizadas polo Goberno Municipal polo día das Letras Galegas remataron hoxe cunha entrega de libros procedentes do Fondo Bibliográfico Municipal, que tivo lugar na praza Maior e á que se achegaron centos de veciñas e veciños de Lugo. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que “polo día máis importante da nosa lingua quixemos facilitar que toda a veciñanza tivese acceso á literatura en galego”.
A edil de Cultura destacou que “a programación do día das Letras tivo como obxectivo mostrar a presenza do galego nas distintas formas de expresión artística, con actividades que tiveron á poesía e á música como protagonistas”.
A programación da çarea de Cultura polo día das Letras comezou o día 15 de maio, co espectáculo poético musical Por Xela, Letras Galegas 2021, un espectáculo multidisciplinar adicado a Xela Arias, con 3 disciplinas artísticas: música, poesía e fotografía. Un evento que contará nove mulleres no escenario, 5 músicas da Banda da Loba e 4 poetas actuais galegas, e a proxección dos retratos de Xela Arias feitos por Xulio Gil.
Ademais, entre o 15 e o 17 de maio, as redes sociais da área de Cultura mostraron actuacións de 6 grupos de música de Lugo, dentro do ciclo En Galego ao teu ritmo, que tiña como obxectivo achegar a música e a celebración do 17 de maio a todas as persoas que non poden asistir ás actividades presenciais.