A Casa Consistorial ilumínase de verde conmemorando o Día Mundial do Ostomizado

Venres, 01 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora este 2 de outubro o Día Mundial do Ostomizado, iluminando de verde a fachada da Casa Consistorial co fin de visibilizar esta realidade.

En España hai máis de 125.000 persoas ostomizadas e cada días realizase un número maior de intervencións. Este día mundial ten dous obxectivos principais: por un lado contribuír a integrar a todos os afectados por esta operación e por outro sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario.

Noticias relacionadas