A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día Internacional da Miastenia

Mércores, 01 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de verde, no día de mañá, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día Internacional da Miastenia, 2 de xuño.

A petición foi solicitada por Asociación Miastenia de España, a cal pretende dar resposta ás necesidades das persoas con  Miastenia e familiares, axudando, informando e asesorando a convivir coa enfermidade e que loita por fomentar a investigación e o recoñecemento e valoración da  Miastenia traballando de forma concreta para conseguir a inclusión social do colectivo.

A  miastenia grave (MG) é unha enfermidade  autoinmune da unión  neuromuscular mediada por anticorpos fronte a proteínas localizadas na membrana post- sináptica da placa motora. Caracterízase por  fatigabilidad e debilidade da musculatura voluntaria.

Noticias relacionadas