O Concello colabora coas cofradías cunha achega de 6.000 euros, destinados a cubrir gastos de organización e promoción dos diferentes actos, posto que esta cita supón unha oportunidade turística de gran envergadura para a cidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, reivindicou a atracción turística da Semana Santa de Lugo durante a presentación do cartel e o programa dos actos que terán lugar na cidade este ano, e en cuxa organización participan ao redor de 3.000 persoas. O Concello de Lugo colabora un ano más coa Xunta de Cofradías realizando unha achega económica de 6.000 euros, destinados a cubrir gastos de organización e promoción dos diferentes actos, posto que a Semana Santa, supón unha oportunidade turística de gran envergadura para a cidade, “pois é unha festa que compaxina o relixioso, o turístico, o cultural, o lecer, a gastronomía e o patrimonio”.
Durante a presentación, a Concelleira insistiu en unir forzas para poder conseguir que a Semana Santa sexa declarada de Interese Turístico Galego, polo conxunto de alternativas que ofrece, e posto que cada vez esperta máis interese. Neste senso incidiu a edil, quen destacou os datos positivos que ano tras ano rexistra a cidade nestas datas. Tal e como deu a coñecer Basadre, máis de 1.400 persoas pasaron pola Oficina de Turismo Municipal a Semana Santa do pasado ano, un 7% más que o ano anterior, o que pon de manifesto que a cidade de Lugo é un destino turístico consolidado nestas datas.
No acto, ao que tamén asistiu o Deputado de Promoción do Territorio e Turismo, Eduardo Vidal, a edil aproveitou para agrader o traballo realizado pola Xunta de Cofradías, que engloba seis irmandandes da capital lucense: A Borriquita, Virxe da Esperanza, Desencravo do Señor e dos Maiores Dolores de María Santísima, Bo Xesús e do Nazareno, Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, Sacramental e Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén.
Audio
- Carmen Basadre, sobre a Semana Santa en Lugo|Descargar mp3
Máis info
- Programa da Semana Santa |Descargar PDF