Carmen Basadre entrega o premio á gañadora do concurso do cartel do San Froilán Miúdo, Alba Bueno Prieto

A súa creatividade, Los pulpos bailan con elegancia, foi escollida por un xurado profesional o pasado 29 de maio entre as 67 propostas que recibiu o Concello. O premio está valorado en 300 euros

Luns, 11 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre entrega o premio á gañadora do concurso do cartel do San Froilán Miúdo, Alba Bueno Prieto

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este luns o premio á gañadora do certame de deseño do cartel do San Froilán Miúdo, posto en marcha polo Concello para facer partícipe aos nenos e nenas na imaxe anunciadora das actividades do San Froilán dirixidas á poboación máis nova, Alba Bueno Prieto.

A súa creatividade, Los pulpos bailan con elegancia, foi escollida por un xurado profesional o pasado 29 de maio, entre as 67 propostas presentadas a este concurso; por reunir, a través dun traballo moi laborioso, os elementos característicos das festas: o polbo, a feira e a tradición galega. A gañadora recibiu un premio valorado en 300 euros.

Noticias relacionadas