Aprazamento do Festival Beiras do Miño de mañá venres 17 de abril

As actividades do sábado 18 continúan con normalidade e a nova cita coas motos será o sábado 23 de maio

Xoves, 16 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A organización do III Festival Beiras do Miño informa que a xornada de mañá venres 17 de abril, debido a problemas técnicos da produtora do festival, as actividades dese dia quedan aprazadas para o sábado 23 de maio no mesmo espazo o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

En todo caso, o aprazamento non afecta ao resto de eventos que xiran en torno ao mundo da moto polo que as actividades programadas para o sábado 18 de abril, tanto no referido á III Concentración motirista, como á Feira do motor e os diferentes concertos previstos que se manteñen.

Aquelas persoas que adquiriran a entrada da xornada do venres do Festival Beiras do Miño, poderá recuperar o importe das mesmas dende mañá mesmo nas instalacións da Fundación Feiras, nos puntos de venda adquirido ou poñéndose en contacto coa produtora Alédate SL. En caso de querer conservala para a xornada do sábado 23 de maio poderán facelo sen problema xa que terá total validez.

Para máis información sobre esta circunstancia o teléfono de contacto é o 664 728 059 da produtora Alédate SL.

Noticias relacionadas