Ana Abelleira visita aos nenos asistentes aos talleres de inmersión ao galego do centro do Sagrado Corazón

Trátase duns obradoiros que arrincaron en xaneiro e que se desenvolverán ata finais de maio, os mércores e vernes de 17:00 a 18:30 horas

Mércores, 20 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira visita aos nenos asistentes aos talleres de inmersión ao galego do centro do Sagrado Corazón

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou este mércores aos nenos e nenas asistentes aos talleres de inmersión ao galego postos en marcha polo Concello no Centro de Convivencia do Sagrado Corazón. Trátase duns obradoiros lúdicos que arrincaron en xaneiro e que se desenvolverán ata finais de maio, os mércores e vernes de 17:00 a 18:30 horas. Principalmente, os asistentes son cativos magrebís, de entre 3 e 7 anos, residentes na zona, que perseguen mellorar a súa comprensión e fala en lingua galega, capaz de enriquecer a súa aprendizaxe no colexio. En total, participan unha vintena de nenos e nenas.

Durante a visita, González Abelleira puxo en valor a gran capacidade dos pequenos para aprender o idioma. 

Multimedia

Noticias relacionadas