A alcaldesa recibe ao Campión de España xuvenil de Pesca de Salmónidos, tras o seu triunfo o pasado día 8 en Palencia

Paula Alvarellos, xunto ao edil de Deportes, destacou a traxectoria do lucense Raúl Sánchez, que disputará o Campionato do Mundo de Yellowstone, en EEUU, o vindeiro ano.

Mércores, 02 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa recibe ao Campión de España xuvenil de Pesca de Salmónidos, tras o seu triunfo o pasado día 8 en Palencia

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, xunto ao edil de Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, recibiu no Concello de Lugo a Raúl Sánchez Iglesias, o mozo lucense de 18 anos que vén de proclamarse Campión de España de Pesca de Salmónidos Mosca, Captura e Solta, na categoría xuvenil, na competición celebrada no río Carrión, en Palencia, entre o 5 e o 8 de setembro.

Tanto Alvarellos como Bustos felicitáronlle por este novo e importante triunfo, que se suma a un bo palmarés, xa que, pese a súa xuventude, entre os seus logros destaca o triunfo coa selección galega no Campionato de España xuvenil ou o feito de disputar un campionato mundial na República Checa, como integrante da selección española de pesca. Precisamente, a alcaldesa e o edil de Deportes interesáronse pola súa clasificación directa para a disputa do Campionato mundial de 2025, que se desenvolverá en Yellowstone, EEUU, e polos plans futuros do deportista lucense. Neste sentido, Paula Alvarellos sinalou que “trátase dun talento novo, que está chamado a representar a Lugo internacionalmente. Unha gran sorte para Lugo e para o deporte lucense”.

Noticias relacionadas