A Alcaldesa preside a graduación dos alumnos de 2º de bacharelato do insituto Ánxel Fole

Mércores, 25 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa preside a graduación dos alumnos de 2º de bacharelato do insituto Ánxel Fole

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este mércores o acto oficial de despedida aos alumnos de 2º de bacharelato do instituto lugués Ánxel Fole. Ao longo do acto, no que os alumnos rememoraron os anos que pasaron no instituto, houbo diversas interpretacións musicais.

Na súa intervención, a rexedora, quen manifestou sentirse emocionada ao lembrar o seu tempo de estudo neste instituto, desexoulle moita sorte aos alumnos na nova etapa da vida que van comezar. No mesmo senso convidounos a aproveitar todas as actividades de formación posibles e animounos a continuar na liña de dedicación coa que estudaron ata o de agora.

Multimedia

  • A Alcaldesa preside a graduación dos alumnos de 2º de bacharelato do insituto Ánxel Fole

Noticias relacionadas