A alcaldesa impón as primeiras insignias de participación no Arde Lvcvs nos estandartes de 19 colexios lucenses

Por primeira vez, Paula Alvarellos fixo entrega aos representantes dos centros deste distintivo que irán sumando cada ano na súa bandeira, en sinal de compromiso coa festa.

No desfile tomaron parte máis de 4.000 nenas e nenos, no que a xuízo da alcaldesa supón “a canteira do Arde Lvcvs e o garante do seu relevo xeracional”.

Domingo, 16 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa impón as primeiras insignias de participación no Arde Lvcvs nos estandartes de 19 colexios lucenses

Por primeira vez e para recoñecer o grao de implicación dos centros de ensino lucenses, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, impuxo unha insignia distintiva desta edición vixésimo terceira, en cada un dos estandartes que portaban os representantes dos centros de ensino que asistiron ao desfile, bandeiras que cada ano irán sumando insignias, en sinal de compromiso e implicación coa festa. A alcaldesa de Lugo, sinalou ao respecto que “o desfile dos scholarvm é sempre un dos actos máis multitudinarios e significativos do Arde Lvcvs porque ten máis connotacións máis aló dunha ampla participación, con máis de 4.000 estudiantes de 19 centros escolares, e que representa a canteira do Arde Lvcvs e o garante do seu relevo xeracional”.

O acto tivo lugar ao fondo da praza Maior, onde se reuniron todos os representantes dos centros despois do multitudinario desfile. Hai que lembrar que xa nos dous meses previos á festa romana e castrexa, as e os escolares, moitas das súas nais e pais, xunto a mestras e mestres, comezan a traballar na confección dos traxes, coas telas que cada ano o Concello de Lugo cede gratuitamente aos colexios, e que identificarán a cada un dos centros, ao tempo que se mergullen no pasado de Lucus Augusti.

Este ano, os colexios que desfilaron na mañá do domingo foron os seguintes: CPR San José, CEIP Luis Pimentel, CPR La Inmaculada, CPR María Auxiliadora, CEIP Rosalía de Castro, EEI Fingoi II, CPR La Milagrosa, CEIP As Gándaras, CPR Divino Maestro, CEIP A Ponte, CEIP Quiroga Ballesteros, CEIP As Mercedes, CPR Franciscanos, CEIP Anexa, CEIP Albeiros, CEIP Menéndez Pelayo, CPR Cervantes, CEIP Salesianos, CEIP Illa Verde.

Multimedia

  • A alcaldesa impón as primeiras insignias de participación no Arde Lvcvs nos estandartes de 19 colexios lucenses

Noticias relacionadas