Durante a visita, os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 anos, amosaron curiosidade por saber como se toman as decisión no Concello e como se chega a formar parte da Corporación Municipal

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou a medio cento de alumnos de terceiro de primaria do colexio Salesianos Divina Pastora, algúns aspectos sobre o seu labor e as responsabilidades que conleva o exercicio do seu cargo, cuestións sobre as que os nenos e nenas se interesaron no transcurso sa súa visita este vernes á Casa Consistorial.
Os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 anos, aproveitaron para formular variadas cuestións á rexedora, á que lle preguntaron como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.