Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa explica o seu labor a medio cento de alumnos do colexio Salesianos Divina Pastora, que visitaron a Casa Consistorial

A Alcaldesa explica o seu labor a medio cento de alumnos do colexio Salesianos Divina Pastora, que visitaron a Casa Consistorial

Durante a visita, os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 anos, amosaron curiosidade por saber como se toman as decisión no Concello e como se chega a formar parte da Corporación Municipal

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Venres, 26 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa explica o seu labor a medio cento de alumnos do colexio Salesianos Divina Pastora, que visitaron a Casa Consistorial

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, explicou a medio cento de alumnos de terceiro de primaria do colexio Salesianos Divina Pastora, algúns aspectos sobre o seu labor e as responsabilidades que conleva o exercicio do seu cargo, cuestións sobre as que os nenos e nenas se interesaron no transcurso sa súa visita este vernes á Casa Consistorial.

Os cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 anos, aproveitaron para formular variadas cuestións á rexedora, á que lle preguntaron como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-explica-o-seu-labor-medio-cento-de-alumnos-do-colexio-salesianos-divina-pastora-que