A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa na ruta cardiosaudable no paseo do río Rato, impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños na cal colabora o concello

Sábado, 07 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participa na ruta cardiosaudable no paseo do río Rato, impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños na cal colabora o concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos e a edil de Igualdade, Muller e Xuventude, Ana González Abelleira, participaron este sábado, xunto a medio cento de veciños e veciñas, na ruta cardiosaudable polo paseo do río Rato. Unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Veciños, na que colabora o Concello de Lugo e que ten un dobre fin, por un lado, pór en valor este espazo verde ao pé da cidade de Lugo e, polo outro, impulsar actividades lúdicas e deportivas coas que promover na sociedade pautas de vida saudables.

O paseo do Río Rato é un enclave natural que permite conectar coa natureza a escasos minutos da capital e da Muralla. Trátase dunha área pública que conta con gran afluencia de veciñas e veciños que veñen a pasear e a facer deporte, xa que é unha contorna única.

Pola súa parte, Jesús Vázquez agradeceu a colaboración do Concello neste tipo de iniciativas que promoven bos hábitos entre a veciñanza da provincia en contacto coa natureza.

Noticias relacionadas