Actividades Foresgal do domingo 25 de marzo

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Asistencia de público e valoracións: arredor de 5.000 persoas. Valoración moi positiva da organización, con especial atención ao éxito das xornadas técnicas (300 persoas de asistencia media) e as demostracións no monte Lamabranca. Durante toda a xornada, demostración na feira de traballo con motoserras (seguridade) e de traballos en altura (a cargo de Arbogal). Xogos tradicionais no expositor da Consellería de Cultura e Deporte. 11.00-13.00-. Demostración de traballos forestais no monte Lamabranca: Demostración de tratamentos silvícolas, aproveitamento de madeira e biomasa, repoboación e tratamentos fitosanitarios. Saída de autobuses do recinto feiral ás dez e media e once e media, e regreso ás doce e á unha e media. (ver documento informativo adxunto). 12:00.- Rolda de prensa de presentación do Concurso de Fotografía convocado pola Consellería do Medio Rural, coa presencia Manuel Ferreiro, Secretario da delegación provincial de dita Consellería e Xabier Bruña, 12.30-13.00.- Sesión comentada: O souto de castiñeiros, confluencia do patrimonio natural e etnográfico: Felipe Castro López (presidente da asociación de veciños de Salcedo, A Pobra do Brollón). 17:00.- Exhibicións Helicóptero Superpuma contra incendios do Servizo de Montes e Industrias Forestais de Lugo: demostracións de despegue e aterraxe coa brigada de élite contra incendios (explanada axardinada do Pazo de Feiras). Reunión entre a Consellería do Medio Rural e diversas asociacións de servizos: Serfoga, Asemfo e Vifoga. (ao longo da tarde) Asamblea xeral dos socios de Serfoga. (ao longo da tarde) 19.30-. Clausura oficial da feira a cargo de Ana María Rúa Souto, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. TRABALLOS FORESTAIS EN LAMABRANCA 1- Tratamentos Fitosanitarios, a cargo de Agrotecnia 2- Tratamentos Selvícolas:

    a. Podas Altas a cargo de Miguel Rico Noceda en representación de Selforga b. Podas Baixas a cargo de Selforga en representación de Asemfo c. Rozas Mecanizadas cun tractor de cadeas e un tractor de martelos a cargo de Hermanos Blanco Trigo

3- Astelado de Biomasa, a cargo de Selforga 4- Aproveitamento de madeira (claras) a través de traballos cun autocargador e unha colleitadora forestal a cargo de Madeiras López Castro en representación de Fearmaga. 5- Repoboación: traballos cunha retroaraña a cargo de Selforga

Noticias relacionadas