40 artistas de distintos puntos de España retratan cos seus pinceis Lugo

O Concello repartiu 5.500 euros no 18º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre

Luns, 09 de xullo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, destacou o éxito do 18º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre, no que participaron 40 artistas de distintos puntos de España (Madrid, Córdoba, León, Sanxenxo, Ávila, Ourense, A Coruña ou Cambados, entre outros), que retrataron cos seus pinceis os atractivos da cidade. Consolídase, deste xeito, o prestixio a nivel nacional do concurso impulsado polo Concello, que ten por obxecto proxectar o municipio.

O xurado, integrado por Esther Muñoz Mella, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón; Eduardo Rodríguez Ochoa, fotógrafo e Juan Carlos López Abuín (Honorio), pintor; decidiu outorgar os seguintes premios, un total de 5.500 euros:

1º premio.- 1.600,00 € e diploma: nº 15, Pablo García Ávila (Granada)

2º premio.- 1.100,00 € e diploma: nº 10, Andrés Gabarres Cagiao (Ferrol)

3º premio.- 900,00 € e diploma: nº 5, Raúl Gil Burés (A Coruña)

Premio.- 300,00 € e diploma: nº 4, Julio Gómez Mena (Leioa, Vizcaia)

Premio.- 300,00 € e diploma: nº 16, Lolo Serantes Morán (Ponferrada, León)

Premio.- 300,00 € e diploma: nº 29, María Teresa Toucedo García (Boiro)

Premio.- 300,00 € e diploma: nº 34, Vicente Soto Fernández (León)

Premio.- 300,00 € e diploma: nº 35, Juan Ramón Alves Fernández (León)

Premio artista local.- 450,00 e diploma: nº 30, Gema López González

Audio

Noticias relacionadas