O Concello repartiu uns 6.650 euros en premios entre as persoas participantes, que valorou un xurado composto polos profesionais Enrique Bonet, Laura Pernás e María Xosé García
Princesa Leyma, Bella y ardilla son e Taller de Marionetas foron os disfraces gañadores na categoría individual, parellas e comparsas, respectivamente
O Entroido desafíou esta tarde a choiva e Lugo viviu un desfile de disfraces dos máis participativos dos últimos anos. Na Praza Maior, diante da Casa Consitorial e con Carlos Iglesias de mestre de cerimonias, os disfraces individuais, os de parellas e as comparsas amosaron a súa creatividade antes decenas de espectadores e espectadoras que non perdían ollo das orixinais postas en escea.
O Concello repartiu uns 6.650 euros en premios entre as persoas participantes, que valorou un xurado composto polos profesionais Enrique Bonet, Laura Pernás e María Xosé García.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e as Concelleiras de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Benestar Social, Igualdade e Inclusión e Concello e Cidadanía, Carmen Basadre, Ana Abelleira e Rosana Rielo, respectivamente; xunto aos membros do xurado, entregáronlles os premios aos gañadores e gañadoras desta edición, que foron os seguintes:
Categoría Individual
- 1º premio de 500 €: Princesa Leyma
- 2º premio de 300 €: Dj Mouchiño
- 3º premio de 200 €: Vikingo da reciclaxe
- 3 accésits de 50 € cada un: Piratas do Caribe, Calimero e Fauno
Categoría Parellas
- 1º premio de 600 €: Bella y ardilla son
- 2º premio de 400 €: Yo quiero una pajita
- 3º premio de 300 €: Os marchosos héroes do Entroido
- 5 Accésits de 100 € cada un: Os reis do fomilleiro, Takoma Ponwatan Miko, Recén saídas do galiñeiro, un picnic sensacional e Érase una vez Pinocho
Categoría Comparsas
- 1º premio de 1.100 €: Taller de marionetas
- 2º premio de 800 €: Tro-feos
- 3º premio de 600 €: Os de fóra
- 7 Accésits de 200 € cada un: Piratas cotorras, Me cuesta un huevo, Peña das avespadas, Cuidau que aí vamos, Asasinato no Orient Express, Triscos e Mago de Oz.
As actividades rematarán mañá co Velorio da Sardiña, a procesión de Santa Compaña e o enterro da Sardiña, así como o concurso de ferretes, que poñerán o broche de ouro ao Entroido.