O Concello require ás tres empresas das obras de peonalización para reparar os desperfectos no casco histórico

Martes, 01 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello require ás tres empresas das obras de peonalización para reparar os desperfectos no casco histórico

O Concello de Lugo requiriu ás tres empresas que executaron as obras de peonalización para que solucionen os desperfectos detectados nos traballos, que están a xerar problemas nos pavimentos, baldosas e arquetas, así como danos no muro do CEIP Quiroga Ballesteros.

Os requirimentos teñen diferentes prazos, que rematan entre o venres e o luns, segundo cada empresa e cada actuación. O concelleiro de Mobilidade e Obras explicou que, se non acometen as reparacións, o Concello actuará con medios propios de inmediato, xa que "neste momento hai un contrato xa adxudicado para renovar e reparar os desperfectos existentes nas obras de peonalización realizadas no casco histórico, entre outros puntos do recinto amurallado".

Entre os problemas detectados atópanse baldosas e pavimentos que se rompen, arquetas danadas e desniveis que poden provocar caídas, ademais dos danos ocasionados no muro do colexio.

Audio

Noticias relacionadas