A área de Cultura inviste 181.400€ en promoción de distintas actividades culturais

A área de Cultura inviste 181.400€ en promoción de distintas actividades culturais.

Luns, 24 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Cultura inviste 181.400€ en promoción de distintas actividades culturais

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu conta das subvencións destinadas a asociacións culturais e a actividades turísticas concedidas no ano 2025 pola Tenencia de Alcaldía. Trátase de 17 subvencións nominativas a distintas asociacións, que permitirán, segundo explicou Maite Ferreiro "garantir unha parte importante da programación cultural de Lugo e a continuidade de asociacións cun importante arraigo en Lugo"

O Goberno de Lugo inviste 181.400€ nestas actividades, entre as que figuran a Semana de Cine de Lugo, o Correlingua, o Festival de Jazz ou a gala Mestras e Mestres da Memoria, "actividades xa consolidadas no calendario cultural lucense", explicou Maite Ferreiro, que destacou tamén "as actividades de promoción turística", como o Concurso de Tapas ou a semana santa.

Ademais, Ferreiro destacou que o Concello colabora con "entidades de importancia cultural para toda Galiza", como son a Fundación Rosalía de Castro, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, ou a Federación de Librarías de Galiza.

Subvencións área de Cultura 2025:

  • Fundación Rosalía de Castro, 3.000€ para a promoción da Casa-Museo e difusión e estudo da obra da autora
  • Asociación Cultural Correlingua, 3.000€ para a realización do Correlingua 2025
  • Sociedade Filarmónica Lucense, 4.000€ polos concertos da Tempada 2025
  • Fundación Manuel María, 4.000€ para a conservación e difusión do legado de Manuel María
  • Federación de Librarías de Galiza, 4.000€ para a Feira do Libro
  • Asociación Cultural A Candeloria, 6.000€ para o Festival A Candeloria 2025
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, 6.000 € para a celebración da Gala dos mestres e mestras da memoria 2025
  • Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, 7.000€ para o Xuven Lugo 2025
  • Xunta de Confrarías, por importe de 10.000,00 € para a celebración da Semana Santa
  • Asociación FACELA, 15.000€ para o Facela Fest
  • Asociación de Vellos Alumnos Ramón Falcón, 15.000€ para o XXIV Mercado Medieval
  • Asociación Músico Crisanto, 15.000€ para o Lugo Music Festival 2025
  • Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, 16.000 € para a celebración do EnRedando Co Galego 2025
  • APEHL, 20.000€ para o 20º Concurso de Tapas de Lugo
  • USC, 20.000€ para o Lugo Cultural 2025
  • Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 20.400€ para a celebración da XLVII semana do Cine de Lugo
  • Asociación de Amigos do Jazz "EscobiJazz", 28.000€ para a celebración da XXXV Semana de Jazz de Lugo

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre as axudas do 2025 | Descargar mp3

Noticias relacionadas