Paula Alvarellos recibe á nova directiva de Solo Voces para falar de proxectos futuros da que é “referencia da cultura e a música lucense”

A alcaldesa interesouse polos obxectivos desta formación coral, unha das máis veteranas da cidade, con máis de 32 anos interpretando aos grandes compositores de Lugo.

Mércores, 22 de xaneiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe á nova directiva de Solo Voces para falar de proxectos futuros da que é “referencia da cultura e a música lucense”

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu a algúns dos integrantes da nova directiva da coral Solo Voces, que hai uns meses cumpriu 32 anos de traxectoria, para falar dos proxectos futuros da agrupación así como dos principais obxectivos da coral. Xunto á rexedora municipal estiveron a nova presidenta de Solo Voces, Daniela Ziegler; a súa tesoureira, Chelo Gómez; e o director do coro, Fernando Gómez Jácome.

A alcaldesa interesouse polas actividades que están a preparar desde esta agrupación para este ano e puxo en valor “a súa consolidación como un coro de peso no panorama musical galego” , que na actualidade está formado por uns trinta integrantes. De Solo Voces, Paula Alvarellos destacou o seu “amplo repertorio, no que da prioridade e preferencia aos compositores lucenses como Pascual Veiga, Xoán Montes e Bal y Gay, pero tamén incorpora músicas populares, desde o folk e o jazz ao pop e o rock, o que lle da unha gran versatilidade á coral e fai que sexa unha referencia da cultura e da música en Galicia, ”.

Noticias relacionadas