O Vello Cárcere acollerá un congreso internacional de nutrición

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, organizadores do evento que terá lugar no 2025.

Arroxo destacou a polivalencia dos espazos do Vello Cárcere, "que permiten a organización de todo tipo de actividades".

Domingo, 25 de febreiro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Vello Cárecre acollerá un congreso internacional de nutrición

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitaron o Vello Cárcere xunto con representantes do Grao de Nutrición do Campus de Lugo, que organizarán un congreso internacional de nutrición nesta instalación ao longo do ano 2025.

Arroxo destacou a importancia destas iniciativas que “supoñen los cimentos dunha sociedade consciente e preparada para construir un futuro saudable e sostible a través dunha alimentación correcta e respetuosa con el medio”. Ademais, Rubén Arroxo tivo en conta a elección de Lugo como escenario deste evento, destacando a calidade gastronómica da cidade.

A Tenencia de Alcaldía continúa a traballar na difusión das últimas novidades no eido da nutrición, facilitando a organización de eventos nas instalacións dependentes da área de Cultura.  O MIHL acolleu en 2023 o VI Congreso de Nutrición "Alimentación e sostibilidade", organizado pola Asociación de Dietistas-Nutricionistas Universitarios de Galiza, e no 2022 a cuarta edición do ReD-N, congreso a nivel estatal organizado pola Federación Española de Dietistas-Nutricionistas Universitarios.

Multimedia

  • O Vello Cárecre acollerá un congreso internacional de nutrición

Noticias relacionadas