
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este luns no Salón de Comisións unha reunión cuns quince veciños da rúa Castelao co fin de abordar a problemática que denuncian en relación coa movida nocturna desta zona e trasladar os pasos que está dando o Concello para buscar unha solución ante inoper

Dende hoxe a seguridade dos lucenses está reforzada. Os bombeiros de Lugo contan cun camión escaleira que alcanza 42 metros de altura, o que equivale a unha planta 13 ou 14.
O servizo de transporte público urbano de Lugo, o máis barato de Galicia, rexistrou unha media mensual de 175.000 pasaxeiros no ano 2015, superando os 2,1 millóns de usuarios o pasado ano, unha cifra que se mantén estable en relación ao 2014.

O Concello de Lugo está a acometer traballos na rúa Conde para facilitar o tránsito e mellorar a seguridade dos peóns polas beirarrúas desta vía, na marxe esquerda entre Salmón e Río Sil.

Efectivos de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan conxuntamente arreo dende primeira hora da mañá para minimizar as incidencias provocadas polo temporal de choiva e vento que previran os servizos metereolóxicos.
O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora de mañá venres quedarán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela por vento con rachas de 80 quilómetros por hora que decretou a Dirección

Máis de 13.500 persoas levan viaxado de balde nas 4 liñas de autobús urbano que o Concello facilita de xeito gratuíto dende o pasado 22 de decembro ao centro da cidade para incentivar as compras no comercio local, o que supón un 1% máis con respecto do mesmo período do pasado ano.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes que o Concello comezou a instalación de sinais luminosas de tecnoloxía led en tres pasos de peóns da cidade co fin de mellorar a visibilidade e con elo a seguridade vial e dos peóns.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes no Salón de Plenos durante a presentación da campaña O Nadal Sorpréndete, posta en marcha polo Concello de Lugo e a Federación de Comercio para incentivar a economía local, unha nova alternativa para revitalizar ao pequeno comercio l
O tramo peonil da Ronda da Muralla entre Bispo Aguirre e a Porta do Campo Castelo quedará pechado completamente á circulación rodada a partir do vindeiro luns, día 21, segundo acordou a reunión da Comisión de Tráfico na súa última xuntanza.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- …
- seguinte ›
- última »