O Concello coloca varandas e cambia o pavimento das beirarrúas da rúa Conde para facilitar o tránsito dos peóns

Os traballos, cun investimento de 12.000 euros, acométense a final da vía, na marxe esquerda entre as rúas Salmón e Río Sil, e responden as peticións veciñais

Estes traballos súmase a outras actuacións do Goberno encamiñadas a mellorar a seguridade viaria, como o peche á circulación rodada do tramo peonil da Ronda ou o desdobramendo dun dos carrís de Duquesa de Lugo

Martes, 12 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Obras na rúa Conde

O Concello de Lugo está a acometer traballos na rúa Conde para facilitar o tránsito e mellorar a seguridade dos peóns polas beirarrúas desta vía, na marxe esquerda entre Salmón e Río Sil. Con estas obras, que contan cun investimento de preto de 12.000 euros, estase a renovar o pavimento das beirarrúas por outro máis rugoso e tamén se colocarán unhas varandas. O Goberno responde deste xeito ás peticións veciñais.

Estes traballos súmase a outras actuacións que levou a cabo o Concello recentemente coa finalidade de mellorar a seguridade viaria na cidade. Entre elas, o peche á circulación rodada do tramo peonil da Ronda da Muralla, unha medida coa que se mellorou o acceso da cidadanía ao edificio administrativo do Concello e dos alumnos do colexio A Inmaculada, ademais de mellorar a seguridade dos peóns e dos alumnos do colexio Franciscanos, ao eliminarse a circulación en dobre sentido pola Praza Maior.

Tamén se realizou o desdobramento dun dos carrís na Avenida Duquesa de Lugo, concretamente do treito entre as rotondas da rúa Serra de Meira e da Monforte. Deste xeito, favorécese a fluidez do tráfico neste acceso á cidade no que se concentra un importante volume de vehículos.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre seguridade viaria que se está levando a cabo en Lugo |Descargar mp3

Noticias relacionadas