Área de Xestión Integral de Recursos Internos
Actualidade

A área de Xuventude oferta un curso homologado de Prevención de Riscos Laborais en Albanelaría e unha formación teórico-práctica en Carnicería e Charcutería.
As dúas propostas son gratuítas, con prazas limitadas, e diríxense preferentemente a mozas e mozos de 18 a 35 anos.
“O +XTi aposta por formación útil e con saída laboral real, adaptada ás demandas actuais do mercado de traballo”, destacou o edil Jorge Bustos.

O Tenente de Alcalde deu conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, onde se aprobou a adenda do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para dar o servizo no colexio Fingoi II.
Arroxo anunciou que o colexio Paradai contará cunha nova ruta nos vieiros escolares "ampliando un servizo que nos permite eliminar coches das entradas dos colexios".

Durante o encontro, a responsable da área trasladou aos representantes dos traballadores os contidos principais da proposta de Regulamento da Carreira Profesional Horizontal e da Avaliación do Desempeño, abrindo así unha nova fase de diálogo técnico e negociación orientada á súa futura aprobación.
Tras a xuntanza, González Abelleira anunciou que as propostas das forzas sindicais se incorporarán ao documento para manter un novo encontro próximamente.
O sistema proposto ten como finalidade recoñecer o esforzo, a experiencia e o compromiso do persoal municipal coa mellora continua dos servizos públicos, mediante un modelo obxectivo, regulado e transparente que permita distinguir a competencia profesional individual.
Abelleira subliñou que “estamos ante unha proposta seria, dialogada e sostible, que supón un salto cualitativo na profesionalización da nosa administración local e no recoñecemento do traballo diario do persoal municipal”, reafirmou a vontade do Goberno local de seguir avanzando no proceso negociador.

Miguel Fernández expuxo á Asemblea Xeral, reunida na Coruña, as liñas mestras para poñer en valor a cultura e impulsar plans estratéxicos para Galicia e Norte de Portugal.
Como presidente do Eixo Atlántico manifestou que “temos unha responsabilidade institucional; unha oportunidade histórica de consolidar a cooperación transfronteiriza”.
Coa asistencia do director da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, Antón Leis, deuse a benvida ao concello de Macedo de Cavaleiros como municipio adherido ao ente galego-portugués.