CEI-Nodus

Centro de Empresas e Innovación
Avda. da Coruña, 500 Antigo cuartel de Garabolos
27003 Lugo , Lugo
Teléfono/s: 
982297468
Fax: 
982297475

O Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Áreas de servizo

Con este obxectivo o CEI-Nodus céntrase en tres áreas básicas de servizos:

  • A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo patrocínase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado.
  • A segunda das áreas de servizo do CEI -Nodus é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.
  • Finalmente o Centro de Empresas ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Obxectivos

Estas tres áreas de servizo buscan promover novos investimentos na provincia de Lugo por medio de iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico do concello e especificamente a:

  • Fomentar empresas cun selo de calidade
  • Dinamizar a cooperación empresarial
  • Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador
  • Crear un medio idóneo en canto a prezos e a servizos que lles permitan ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado no Centro, estean en situación de competir dentro das condicións do mercado.

Directorio