
A alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu a entrega dos Civitas Honoris deste 2025, cos que se quere distinguir o traballo e compromiso de colectivos e particulares co Arde Lvcvs e a súa implicación coa festa.

O Concello de Lugo vén de publicar a convocatoria para seleccionar ata 15 proxectos innovadores nos sectores turístico e enogastronómico que participarán na aceleradora pública TurisTalent 5.0.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, participou esta mañá nun simulacro de evacuación nas instalacións de Aspnais, xunto ao presidente da entidade, José Reigosa.

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que os postos de hostalería do Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros terán un horario especial durante a celebración do Arde Lucus.


Dentro do marco de vixilancia para a seguridade cidadá, a Policía Local de Lugo desenvolveu durante a pasada fin de semana unha actuación conxunta, centrada no control de establecementos públicos conflitivos coa seguridade e descanso veciñal.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo un encontro con representantes dos barraquistas que encherán os postos do Recinto Feiral do San Froilán.

A chegada a Lugo de milleiros de visitantes para o Arde Lvcvs e o amplo programa de actividades programadas para a festa, esixe a posta en marcha de dispositivos especiais, como é o que deseñou o servizo municipal de limpeza, LuceLugo, que este ano incorpora máis medios

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o Vello Cárcere acollerá unha charla-coloquio aberta ao público coa recoñecida neurocientífica Sonia Villapol, centrada no impacto da industria das celulosas na saúde da poboación e na análise do caso Altri.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, manterá o 18 de xuño en Madrid unha reunión co presidente de Renfe, Álvaro Fernández de Heredia, para trasladar directamente as principais reivindicacións da cidade en materia ferroviaria.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- …
- seguinte ›
- última »