
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu este martes ao inspector da Policía Local José Luis Piñeiro Santos, recentemente galardoado coa medalla-estrela ao mando da Policía Local pola Asociación de Xefes e Mandos das Policías Locais de toda España.

O Arde Lvcvs 2025 bateu récords de impacto nos perfís oficiais da festa, consolidándose como un dos eventos con maior pegada dixital do panorama cultural galego.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do Arde Lucus 2025. Ferreiro explicou que "o número de turistas que se achegaron a Lugo estes días demostran que Lugo xa está consolidado como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza".

O Pavillón Municipal de Lugo acollerá esta fin de semana unha nova cita de alto nivel no marco do acordo de colaboración entre o Concello e a Real Federación Española de Voleibol: a fase da Golden League Europea que enfrontará ás seleccións absolutas masculinas de España, Eslovaquia e Letonia.

O Concello de Lugo continúa a avanzar na implantación da Zona de Baixas Emisións (ZBE), que abranguerá exclusivamente o recinto intramurallas da cidade.

O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, encargado da organización do Arde Lvcvs calificou a edición que rematou onte de “auténtico éxito”, porque “conseguimos o noso principal obxectivo para este ano que era lograr diversificar a festa cunha maior carga de eventos de r

O Concello de Lugo abriu esta fin de semana o prazo de presentación de solicitudes para organizar as tradicionais fogueiras de San Xoán, polo que os colectivos e particulares interesados poderán presentar a instancia correspondente ata as 13.00 horas do vi

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza coa responsable cultural da Fundación Caixabank para afondar na colaboración entre ambas entidades, unha cooperación que, segundo destacou a edil, “permítenos traer a Lugo cada ano unha exposición relevante, achegando á veciñanza pro

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitou á asociación de Carballido onde continúan as formacións en cestería básica dentro do cilo de cursos que a área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da

A Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, anunciou que vén de abrir o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »