A concelleira de Cultura afirmou que "nesta fin de semana vimos á cidade de Lugo consolidada como un referente turístico".
As diversas instalacións municipais recibiron máis de 3000 persoas.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os datos de turismo do Arde Lucus 2025. Ferreiro explicou que "o número de turistas que se achegaron a Lugo estes días demostran que Lugo xa está consolidado como un destino estratéxico á hora de visitar Galiza". Maite Ferreiro afirmou que "seguiremos traballando para continuar a mellorar os datos e garantir a mellor atención ás persoas que nos visiten".
Maite Ferreiro, afirmou que "nos últimos anos apostamos por un turismo de calidade e desestacionalizado, que permita a convivencia das e dos visitantes coas persoas que residen en Lugo". A concelleira de Turismo afirmou que "os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e vemos como con cada campaña Lugo conta cuns datos positivos".
As diferentes instalacións recibiron en total 3212, destacando a importancia do punto de información da Oficina Municipal de Turismo instalado na praza Maior, destacando as procedentes do resto de Galiza e das principais zonas do estado, entre as que destacan Madrid e Cataluña, seguidos de Valencia, País Vasco e Andalucía. Europa e América son os lugares dos que proceden maior número de turistas no eido internacional.
Audio
- A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre os datos de turismo no Arde Lucus | Descargar mp3

