Actualidade

No acto interviñeron o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, representantes de Torsa Capital, Startups.st e fondos como XesGalicia, Unirisco e Netaccede, así como empresas lucenses destacadas como Innogando e Medrar.
Node Hub Galicia 2025 é unha aceleradora tecnolóxica financiada ao 100 % por INCIBE que ofrecerá mentorización, formación avanzada, acceso a financiamento e visibilidade institucional.
O concelleiro Mauricio Repetto destacou que “Node Hub sitúa a Lugo como punto de encontro para o talento emprendedor e a innovación tecnolóxica”.

Acompañado polas concelleiras e concelleiros de todos os grupos políticos que integran a Corporación Municipal, encabezou o acto máis tradicional dos festexos.

O segundo acto, fronte ao árbore da vida, será ás 12.30 horas, coa lectura das definicións de feminicidio e violencia vicaria, e a lembranza das vítimas asasinadas neste 2025.
A presidenta do Foro e edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, di que con estas concentracións “sumámonos á condena a estes crimes, ás agresións sexuais e a violencia vicaria”.
A vicepresidenta e edil de Muller e Igualdade, Ángeles Novo, invita a participar a toda a sociedade civil neste acto “para deixar de gardar silencio e alzar a voz fronte aos asasinatos machistas”.

Miguel Fernández presidiu xunto á edil de Cultura o pregón da xornalista lucense, Cristina Lombao, na apertura das patronais para as que pediu “concordia para vivilas ao máximo”.
O rexedor municipal dixo “ter ganas de ver como se vive o San Froilán nunha urbe máis aberta, peonil e accesible, características que tamén definen ás nosas patronais”.
En alusión á pregoeira, a locutora da Radio Galega Cristina Lombao pediu a todos e todas “compartir a súa voz, revindicando o feminismo e o lucensismo”.

O investimento total será de preto de 15 millóns de euros, destinados á modernización, accesibilidade e sostibilidade da contorna da Avenida da Coruña, A Milagrosa e o Barrio Feijoo.
O financiamento europeo permite abrir unha senda financeira que premiará a boa execución e que podería ampliar os fondos dispoñibles para seguir transformando a cidade.
O alcalde Miguel Fernández subliñou que “o Novo Norte vai transformar a zona máis habitada da cidade, mellorará a mobilidade e, sobre todo, a vida da nosa xente”.
Voluntarios e voluntarias deste corpo entregarán unhas 4.000 destas pulseiras os días 4, 5, 11 e 12, en horarios de mañá e tarde, no posto situado na Horta do Seminario.

O proxecto obtén informe favorable dos servizos municipais logo de adaptarse ás esixencias técnicas e á normativa vixente, o que permitirá legalizar, reformar e ampliar as instalacións.
A actuación conta cun orzamento superior aos 517.000 euros, prevé un prazo de execución de 36 meses e contempla novas dependencias como clínica veterinaria, residencia de gatos e parque de caniles sectorizado.
O alcalde, Miguel Fernández, subliñou que “sempre estivemos ao lado da Protectora, traballando para que poida contar cunhas instalacións dignas e adaptadas á legalidade, porque o benestar animal é unha prioridade para este Goberno.”

O alcalde salienta “o importante esforzo do servizo para que tanto a veciñanza como os visitantes gocen do San Froilán ao tempo que atopan unha cidade coidada e limpa”.
Uns 40 traballadores e traballadoras e 17 máquinas traballarán en quendas durante toda a xornada e desde as 06.00 da mañá para que rúas e prazas estean en perfecto estado.
Haberá operativos específicos para manter a limpeza das zonas reservadas a concertos, o centro histórico, o recinto feiral, as casetas do polbo e as costas do Parque Rosalía.


Tanto o alcalde como a edil de Cohesión Social asistiron aos actos celebrados no MIHL e destacaron a importancia de “xerar espazos de convivencia para os maiores lucenses”.
O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética arroxou luz sobre algúns dos cambios máis importantes que carrexa a etapa da terceira idade.
Máis de 100 persoas participaron neste evento que uniu divulgación sobre cuestións vitais cunha xornada lúdica de reencontro para favorecer a socialización e evitar o illamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »