Actualidade

Ex., 15-04-2026
Ex., 15-04-2026
Luns, 20 de outubro de 2025
Minuto de silencio da Corporación local en sinal de condena dunha nova vítima, que eleva a 30 as mulleres asasinadas no que vai de ano

A concentración ante a Subdelegación do Goberno serviu tamén para lembrar a Verónica, de 46 anos, morta a mans da súa parella a pasada semana en Badaxoz.

Venres, 17 de outubro de 2025
Maite Ferreiro e Iria Buide presentan xunto co presidente da APEHL Cheché Real o cartaz do XX Concurso de Tapas de Lugo

Ferreiro: "O Concurso de Tapas, que chega este ano á súa vixésima edición, é o certame culinario máis importante de Lugo".

O concurso celebrarase entre o 7 e o 23 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes.

Venres, 17 de outubro de 2025
Cohesión Territorial inviste máis de 104.000 euros na renovación de 261 puntos de luz no rural ao longo de 2025

O plan supón un aforro medio do 70% no consumo eléctrico e reforza o compromiso coa sostibilidade e o equilibrio territorial.

As actuacións chegaron a máis de trinta núcleos e parroquias, contribuíndo á mellora dos servizos básicos e á modernización do rural.

A concelleira Ana González Abelleira destaca que “este plan demostra que o noso compromiso co rural é real e constante”.

Xoves, 16 de outubro de 2025
O Concello de Lugo acolle a presentación da tempada 2025-2026 da Sociedade Filarmónica de Lugo

"Desde a área de Cultura do Concello mantemos un ano máis o apoio a todo tipo de artes escénicas, apoiando a única programación estable de música clásica de Lugo", afirmou Rubén Arroxo.

Presentáronse os 12 primeiros concertos da tempada, que se celebrarán entre o vindeiro venres 24 de outubro e o 29 de maio.

A presentación contou coa presenza do Vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, xunto con representantes da directiva da Sociedade Filarmónica de Lugo.

A Real Filharmonía de Galiza, dirixida por Baldur Brónnimann, estreará en Lugo o seu concerto con música da compositora galega Carme Rodríguez.

Xoves, 16 de outubro de 2025
Miguel Fernández preside a toma de posesión dun novo celador do CEIP Casás

O alcalde destacou a importancia desta incorporación para reforzar os servizos municipais vinculados á comunidade educativa.

No acto tamén participou a delegada en funcións da Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Ana González Abelleira.

“Estas incorporacións permiten seguir fortalecendo o persoal municipal e mellorar a atención aos centros educativos da cidade”, subliñou o rexedor.

Mércores, 15 de outubro de 2025

Detido en Lugo un home por agredir cun coitelo ao seu sobriño no domicilio familiar.

Mércores, 15 de outubro de 2025
O dispositivo de limpeza municipal recolleu máis de mil toneladas de residuos nas dez xornadas do San Froilán

 O alcalde salienta “o importante esforzo do servizo, tanto en medio humanos como técnicos, para que tanto veciños como visitantes atoparan un Lugo coidado e limpo”.

O balance semella ao do ano pasado, no que se recolleron 115.000 quilogramos máis nos once días das patronais, cun operativo máis reforzado e que actuou desde a madrugada.

Miguel Fernández cre que “nótanse as campañas de concienciación postas en marcha polo Concello”, pero “aínda é necesario corrixir certos comportamentos incívicos”.

Martes, 14 de outubro de 2025
O Concello de Lugo culmina o proceso para legalizar e ampliar as instalacións da Protectora de Animais coa concesión da licenza urbanística

O Goberno local aproba a licenza definitiva para a reforma integral da Protectora e insta á Xunta a pechar o convenio de financiamento conxunto co Concello e a Deputación.

A Xunta de Goberno Local adxudica ao CD Lugo o uso do campo municipal José Carballido Cerceda, reforzando a colaboración co club e o apoio ao deporte lucense.

O Concello continúa coa revisión de licenzas antigas e declara a caducidade dun permiso de 1992 para un edificio sen rematar na rúa Serra de Meira.

Martes, 14 de outubro de 2025

 A edil Ángeles Novo invita á cidadanía a participar nesta iniciativa que busca poñer o foco “no papel protagonista das mulleres no desenvolvemento sostible do rural no municipio”.

A Aula da Natureza do Veral será o punto de partida e chegada deste percorrido de 3,5 quilómetros e de dificultade baixa, no que se empregará pouco menos de dúas horas.

A concelleira de Muller sinala que “con esta actividade faremos fincapé na necesidade de desterrar as desigualdades que aínda son máis acusadas no medio rural”.

Páxinas