Actualidade
Os traballos, que teñen un prazo de execución de 90 días, afectarán ao treito entre a rúa Xermán Alonso e o número 40 da rúa Chantada.
Farase necesario ocupar a beirarrúa, as prazas de estacionamento e parte do carril de circulación.

5 novas actividades formarán parte da programación cultural entre o 6 e o 28 de decembro.
O Fuxan os Ventos acollerá El Barbero de Picasso, con Pepe Viyuela e Mar Calvo, e ao MIHL chegará unha producción froito dunha investigación realizada en Hong Kong, Australia e Europa.

A Comisión Executiva aprobou o orzamento de 5,1 millóns de euros para 2026, que deberá ratificar a Asemblea Xeral na próxima reunión, prevista para o mes de febreiro na Coruña.
Miguel Fernández toma o relevo de Luís Nobre, alcalde de Viana do Castelo, para os dous próximos anos, un nomeamento que é “unha honra e un privilexio para a cidade de Lugo”.
Na reunión de hoxe púxose en valor a declaración da Muralla como Ben Mundial hai 25 anos e lembrouse o papel que tivo o Eixo Atlántico na promoción desta distinción.

O estudo, elaborado polo Consello Galego de Accesibilidade, analizou máis dunha vintena de instalacións municipais e cualificou a súa accesibilidade seguindo os criterios da lexislación estatal e galega.
Arroxo: "A accesibilidade é algo no que sempre hai que estar traballando, agora temos unha folla de ruta que nos permite seguir a mellorar a cidade".
Dos 22 edificios analizados, 2 obteñen a etiqueta verde (cumprimento total coa normativa), 13 a amarela (accesible, máis non todo o edificio cumpre coa normativa) e 7 a vermella (espazos que non son accesibles).

O alcalde de Lugo recibiu ao rexedor portugués nunha recepción oficial, coa que Luís Nobre devolveu a visita que o lucense fixo en setembro para revitalizar a unión de ambos territorios.
Ambos mandatarios percorreron algunhas das novas zonas peonís, como parte dese “proxecto común de cidades abertas, sostibles, verdes e feitas para vivir comodamente”, sinalou Fernández.
Os dous alcaldes puxeron en valor “as máis de tres décadas que Viana do Castelo e Lugo levan irmandadas e apostaron por iniciativas conxuntas de promoción de ambas urbes”.

As entradas para o concerto estarán dispoñibles desde hoxe, ás 12:00 horas, a través da web entradaslugo.es, cun prezo simbólico de 10 euros, co obxectivo de que “a cultura siga sendo accesible para todos e todas”, explicou o alcalde.
O rexedor salientou que James Rhodes é un artista que encarna á perfección o espírito desta celebración, definíndoo como “un creador comprometido, valente e profundamente humano. É un dos pianistas máis recoñecidos do panorama internacional.
“Traer a James Rhodes a Lugo é moito máis ca programar un concerto: é apostar por unha maneira de entender a cultura como ferramenta de transformación social e emocional.

O encontro serviu para coñecer o labor da entidade na prevención das enfermidades cardiovasculares e reforzar a colaboración institucional en materia de saúde e benestar.
“O traballo de ACARLU é un exemplo de compromiso cívico e de solidariedade, que contribúe a facer de Lugo unha cidade cada vez máis cardiosaudable”, destacou o alcalde.

O área de Desenvolvemento Local impulsa a actividade de oito entidades sen ánimo de lucro na súa labor de dinamización económica con preto de 15.000 euros.
Entre as beneficiarias figuran a Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Fadas, a Adislugo, a Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses ou a Asociación de Empresarios dosPolígonos Industriais do CEAO e das Gándaras.
“Este programa forma parte dunha estratexia máis ampla de apoio á economía local e ao talento lucense para acadar unha cidade máis dinámica, máis solidaria e con maior capacidade para xerar oportunidades”.

O Vello Cárcere acolleu esta mañá o emotivo acto no que se rendeu homenaxe a estes “lucenses de corazón” pola súa contribución feita á educación e á sanidade públicas.
Xesús Alonso Montero dixo sentirse moi honrado e recoñeceu que “como cidadán e profesor nos meus 16 anos de Lugo, vivín o período máis interesante da miña vida”.
Para os netos de Rafael de Vega “recordar la memoria histórica y transmitir los valores de democracia que defendió es cerrar heridas con verdad, justicia social y reparación”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »