Actualidade

A iniciativa permitirá que durante tres días doce establecementos da cidade ofrezan unha tapa exclusiva para celebrar o aniversario, reforzando o vínculo entre patrimonio, identidade e cultura gastronómica.
A proposta forma parte do programa municipal deseñado para involucrar a toda a cidadanía e aos sectores económicos e sociais na celebración dun cuarto de século de recoñecemento internacional.
O alcalde agradeceu expresamente o compromiso dos locais participantes, que serán agasallados cun distitintivo especial para a ocasión, “por cotribuír coa súa creatividade a facer desta celebración unha exaltación da nosa identidade culinaria”.

A Comisión Europea outorgou ao Concello un dos dous únicos centros permitidos en Galicia, demostrando a fortaleza técnica da candidatura e a capacidade de xestión nun procedemento con criterios estritos e avaliación independente.
A cidade convértese na única entidade municipal ou deputación de Galicia con este servizo, xunto coa Fundación Galicia Europa, o que reforza o papel institucional de Lugo como referente autonómico no achegamento da Unión Europea á cidadanía.
A candidatura recibiu a aprobación incluíndo un plan de actuacións e un plan de comunicación sólido e ambicioso que confirma a reputación do departamento de Desenvolvemento Local como un dos máis solventes do país en materia europea.

Ferreiro: "As corais de Lugo forman parte da celebración máis importante da cidade".
O Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a actuación das catro principais corais de Lugo: Cántigas e Frores, Solo Voces, Cuarto Ciclo e Lugh.

Arroxo: "Lugo súmase a unha iniciativa que tamén se realizará noutras cidades como Compostela ou Ferrol".
A homenaxe enmárcase nas actividades que se organizan no 2025 polo 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras.

A edil de Muller e Igualdade deu paso á lectura do manifesto a cargo dunha antiga usuaria da Casa da Muller, nun acto que reuniu a numeroso público pese á choiva.
Ángeles Novo sinalou que “hoxe é un día para reafirmarnos na responsabilidade que temos como sociedade de garantir vidas libres de medo, de agresións e de desigualdades”.
No manifesto fíxose fincapé na “necesidade de erradicar unha violencia que continúa a ser estrutural na nosa sociedade e condenar o negacionismo que só fere a memoria das vítimas”.

A Praza maior, convertirase do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, nun espazo pensado para dinamizar o sector local, con actividades paralelas de animación e propostas de ocio.
O alcalde de Lugo sinala que “co Nadalmente Lucense queremos crear un espazo no centro da cidade que combine actividade económica, cultural e de ocio e que invita á participación da cidadanía”.
O edil responsable de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, lembra que as 20 casetas cederanse por quendas dunha semana a cada negocio, con horarios amplos cos que favorecer as compras”.

A área de Cultura inviste 181.400€ en promoción de distintas actividades culturais.

Ambas academias colaboran coa área de Alcaldía do Concello de Lugo para ofrecer este baile grupal, o vindeiro día 30, ás 13.30 horas, na contorna da praza do Ferrol.
As dúas escolas invitan a toda a cidadanía a participar neste baile, que ten desde hoxe no enlace https://youtu.be/sjk3OH3FMGo o titorial necesario para aprender unha sinxela coreografía.
A música do coñecido tema “Terra”, das Tanxugueiras, será a banda sonora dun baile co que se busca, a través da danza, conmemorar unha data histórica para as e os lucenses

Miguel Fernández visitou o Vivero de Empresas municipal, xunto ao edil de Dinamización Económica, nun momento no que hai 22 proxectos no CEI e outros catro no sementeiro.
O alcalde salientou a capacidade do centro “para favorecer o emprendemento, xerar novas oportunidades de negocios e contribuír a que o talento quede na cidade”.
Mauricio Repetto destaca “que se alcance este récord en canto á ocupación e tamén a diversidade das iniciativas, algo que beneficia e contribúe ao crecemento de Lugo”.
![A concelleira de Cohesión Territorial supervisa os traballos de mellora viaria que a Brigada Municipal do Rural executa na parroquia do Veral [noA concelleira de Cohesión Territorial supervisa os traballos de mellora viaria que a Brigada Municipal do Rural executa na parroquia do Veralde:title]](https://concellodelugo.gal/sites/default/files/styles/medium/public/noticias/imagenes/2025/11/231125_overal_1.jpg?itok=zPlshITp)
A actuación abrangue 1.500 metros de trazado cun investimento que supera os 15.000 euros co obxectivo de incrementar a seguridade viaria, mellorar o estado do firme e garantir unha maior durabilidade nunha vía que soporta un volume de tránsito considerable para o día a día da parroquia
Estes traballos forma parte do plan continuo de mellora e mantemento que o Concello de Lugo está a desenvolver nas distintas parroquias do municipio, fortalecendo a cohesión territorial e garantindo condicións de vida e mobilidade adecuadas para toda a cidadanía.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »