Actualidade

Ex., 14-04-2026
Ex., 14-04-2026
Xoves, 12 de febreiro de 2026
Lugo sitúase na cabeza do ranking do período medio de pago no último trimestre de 2025 entre as grandes cidades e deputacións galegas

A media de outubro e novembro coloca ao Concello entre as administracións máis áxiles de Galicia, practicamente empatado con Vigo (5,75 fronte a 5,56 días).

En novembro Lugo rexistra o mellor dato absoluto de todos os concellos de España incluídos na estatística oficial (4,68 días), situándose como primeira administración no ranking estatal, seguida do Concello de Santander (5,27 días), e consolida en decembro un PMP de 4,72 días.

“Estes datos reforzan a nosa solvencia, eficiencia e compromiso co tecido produtivo da cidade, como administración que paga rápido, cumpre coa legalidade e xera confianza entre os seus provedores, froito dunha xestión económica responsable e planificada”, destaca Ana González Abelleira.

Mércores, 11 de febreiro de 2026
Os bailes urbanos e o iogadanza, principais novidades da programación de Xuventude para o primeiro semestre do ano

O Goberno Local aposta novamente por propostas de éxito como o curso de monitor de tempo libre, zumba ou sendeirismo para ofertar un total de 243 prazas gratuítas.

O edil desta área, Jorge Bustos, valora “a incorporación das novas actividades para continuar ofrecendo un programa con boas alternativas de ocio para a nosa mocidade”.

A maior parte das clases e cursos se desenvolverán entre febreiro e xuño e a súa inscrición previa pódese facer desde hoxe no enlace formulario.xuventudelugo.gal.

Martes, 10 de febreiro de 2026
O alcalde supervisa o avance das obras da Fábrica da Luz, que encaran a súa fase de máximo desenvolvemento e estarán rematadas esta primavera

Fernández lembrou que a rehabilitación da Fábrica da Luz supón “recuperar un dos espazos máis emblemáticos do noso patrimonio industrial para poñelo ao servizo da cidadanía e do desenvolvemento de Lugo”.

 O rexedor salientou que esta infraestrutura “converterase nun motor de impulso para sectores clave como a hostalería, o comercio e o turismo, xerando novas oportunidades arredor dun ámbito fundamental para Lugo como é a súa identidade gastronómica”.

 Repetto destacou destacou a importancia de coordinar esta actuación co entorno natural no que se integra, reforzando o vínculo da cidade co río e xerando un novo punto de atracción cultural e turística nunha zona de especial valor ambiental e paisaxístico.

 O proxecto transformará o histórico edificio situado á beira do Miño nun centro enogastronómico divulgativo, concebido como espazo para a promoción dos produtos locais, a celebración de eventos, actividades formativas e accións vencelladas á cultura gastronómica e vitivinícola.

Martes, 10 de febreiro de 2026
O alcalde conclúe a rolda de contactos coas candidatas a reitoras da USC, cunha reunión con Maite Flores e o seu equipo

Miguel Fernández abordou coa catedrática de Óptica algúns aspectos do seu programa para o Campus Terra, co futuro da Escola de Enfermería e do Pazo de Montenegro no punto de mira do Concello de Lugo.

Luns, 09 de febreiro de 2026
Maite Ferreiro anuncia dúas proxeccións de documentais previas aos Premios Mestre Mateo

O Vello Cárcere acollerá a mostra de obras de dúas cineastas da provincia de Lugo.

Luns, 09 de febreiro de 2026
O Concello favorecerá a creación de puntos seguros contra a violencia de xénero en áreas comerciais, coa formación en igualdade do seu persoal

A área de Muller abre o prazo de solicitude para os cursos dirixidos ás e aos traballadores de empresas para que saiban o protocolo a seguir fronte a agresións sexistas.

Ángeles Novo explica que “daranse pautas para identificar este tipo de comportamentos e coñecer como actuar para unha atención segura, respectuosa e sen revictimización”.

A edil desta área explica que “o principal obxectivo é que no municipio non se produzan agresións machistas, nin sequera as máis sutís e normalizadas na nosa sociedade”.

Domingo, 08 de febreiro de 2026
Cohesión Social activa unha nova programación para o Entroido, con múltiples actividades infantís e cunha clara aposta interxeracional

Os centros de Fingoi, Lamas de Prado e Uxío Novoneyra acollerán ata sete propostas gratuítas con obradoiros tanto familiares como para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Para participar nas distintas actividades, que desenvolveranse desde o día 10 ata o 19 de febreiro, e necesaria a inscrición previa no centro, agás para o obradoiro de filloas. 

Olga López Racamonde destaca a estreo destas actividades desde esta área municipal para “favorecer o ocio infantil e promover que as familias compartan tempo de ocio”.

Venres, 06 de febreiro de 2026
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a exposición '807/36 memorias gravadas', que amosa a obra gráfica de Xan Leira

A mostra poderá consta de 43 gravados e poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 15 de marzo.

López: "seguimos a traer propostas de interese ao Vello Cárcere, explorando o entroido galego desde o punto de vista da escultura".

Venres, 06 de febreiro de 2026
O artista José Blázquez será o encargado de dar inicio ao Entroido 2026

O entroido, que comezará na tarde do vindeiro venres 13 de febreiro, contará con con 17 actividades para todos os públicos.

O martes 10 de febreiro o alumnado de Primaria celebrará o Entroido con obradoiros e un folión polas rúas de Lugo en colaboración coa Tradescola.

Páxinas