Ponte Romana

Orzamento 688.048,56 €
Data de inicio 1 de agosto de 2012
Data de finalización 13 de setembro de 2013

Esta obra enmárcase dentro da recuperación das marxes do río Miño para goce e ocio da cidadanía en xeral e do barrio da Ponte en particular, proceso que se está a levar a cabo desde hai varios anos.

Basicamente, a solución que se considera comprende, en primeiro lugar, a desmontaxe das beirarrúas e varandas metálicas existentes e a demolición dos actuais pavimentos asfálticos da calzada da ponte e os seus accesos máis próximos. Darase á ponte unha nova rasante ao eliminar a rampla decimonónica de entrada na marxe esquerda, rebaixando a calzada. Este rebaixe permitirá unhas entradas con menos pendentes a Calzada da Ponte e ao camiño que bordea o río ata o balneario.

Polo recheo da ponte soterraranse as canalizacións de diversos servizos urbanos (abastecemento de auga potable, alumeado público baixa tensión, telefonía e reserva) e realizarase unha nova calzada de lousa posta a chapacuña e novos petriles de fábrica esquisto.