Intersección das Rúas Doña Urraca e Camiño Verde

Orzamento derrube 8.017,42 €
Orzamento asfaltado 27.297,78 €
Data de inicio 25 de abril de 2012
Data de finalización 22 de xuño de 2012

Os traballos afectan ao tramo de vía pública que enlaza este punto ca rúa Mazaira, e que permanecerá pechado ó tráfico mentres duren os traballos de demolición e acondicionamento da zona (estimase que duren tres días); mentres tanto o tráfico que habitualmente circulaba dende a rúa Dona Urraca cara á rúa Mazaira será desviado pola rúa Camiño Verde, podendo retornar a rúa Mazaira o traveso da rúa Juana la Loca. Posibilitarase a entrada de vehículos dende a rúa Mazaira cara á entrada dos garaxes existentes no tramo final da vía afectada.

A superficie total na que se actuou é de 64 metros cadrados (51 metros cadrados do inmoble e 13 metros cadrados da finca anexa). Os traballos consistiron na demolición e desescombro da casa, para proceder a continuación á repavimentación da rúa e á delimitación dunha zona para o paso dos peóns.
Os traballos de derrube e asfaltado foron acometidos polas empresas lucenses Canalugo e Asogal por un importe de 8.017,42 e 27.297,78 euros respectivamente.