A última actuación foi hai menos de mes e medio, polo que o alcalde Miguel Fernández fai un chamamento “ao civismo cidadán para coidar un dos nosos enclaves emblemáticos”.
O rexedor supervisou, en compañía dos responsables das empresas adxudicatarias do mantemento de Parques e Xardíns e do servizo municipal LuceLugo, a marcha dos traballos de limpeza de pintadas e arranxo de mobiliario.
Se intensificaron os labores de lavado en paredes, bancos, papeleiras e incluso arbores con máquinas de auga a presión e con tratamentos específicos para a posta a punto do parque nun par de días.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, supervisou esta mañá no parque Rosalía os traballos de limpeza que se están a acometer para paliar os desperfectos ocasionados o pasado día 3 do Entroido, uns traballos que son parte dunha nova intervención integral neste entorno, por parte das empresas adxudicatarias do mantemento de Parques e Xardíns e do servizo municipal LuceLugo. De feito, Miguel Fernández visitou o parque en compañía dos responsables de ambos servizos e aproveitou para facer “un chamamento ao civismo cidadán, non só porque se trata dun dos nosos parques máis emblemáticos e importantes, senón pola cantidade de recursos que estamos a dedicar e en moi pouco espacio de tempo”.
Precisamente, o rexedor municipal puido comprobar o incremento de efectivos tanto de Parques e Xardíns como de LuceLugo, para intervir estes días no parque. Neste sentido, Miguel Fernández lembrou que “a diario se destinan tres persoas para actuar e traballar nesta zona verde da cidade, acometer labores de limpeza e de mantemento, e tamén do coidado dos patos, pero estes días houbo que multiplicar efectivos para a posta a punto do parque, que rematará nun par de xornadas. É unha mágoa porque hai menos de mes e medio que se acometeu unha limpeza integral , coa eliminaron de todas as pintadas. É un problema recorrente pese a que se incrementou a presencia policial”, sinalou Fernández Méndez.
De feito, esta mesma mañá operarios con máquinas de auga a presión eliminaban as últimas pintadas sobre a caseta do guardés, un dos edificios do parque máis danado polos actos vandálicos. Sen embargo, as pintadas máis nocivas foron as que se fixeron no tronco das árbores, xa que a súa eliminación debe facerse con sumo coidado e sen empregar produtos químicos, polo que esixe máis tempo e traballo. Ademais, houbo que actuar sobre bancos, papeleiras e farois, mobiliario urbano que xa foi reparado na anterior intervención integral neste parque, xunto á limpeza da balaustrada, dos xogos infantís, da ponte sobre o estanque, das fontes e do aseo.
O alcalde de Lugo lembrou ademais que “no 2024 realizáronse cinco actuacións de diferente calado para a limpeza, reparación e posta a punto deste parque, a maiores do coidado diario que se leva a cabo neste enclave”. Para iso, en cada unha destas actuacións é necesario a utilización de equipos de auga a presión e de eliminación de pintadas con vapor de auga; produtos químicos autorizados, como decapantes, pinturas especiais e limpadores, e ferramentas como rasquetas e pinceis. Os dous equipos de operarios encargados destes labores empregaron un total de 15,5 xornadas nas citadas actuacións.




