Un total de 22 proxectos e 34 emprendores lugueses recibirán formación e asesoramento dende hoxe no CEI-NODUS para crear novas empresas

Este xoves púxose en marcha a primeira edición do espazo Coworking que o Concello e a EOI habilitaron nas instalacións municipais, froito dun acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades, cofinanciado polo FSE

A Alcaldesa e o director de Aceleración Empresarial da EOI inauguraron este espazo nun acto ao que tamén asistiu a Concelleira de Economía

Durante máis de cinco meses, estes emprendedores recibirán apoio integral e individualizado para aumentar as súas posibilidades de éxito, baixo as directrices do mentor residente, Roberto Touza

Xoves, 15 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un total de 22 proxectos e 34 emprendores lugueses recibirán formación e asesoramento dende hoxe no CEI-NODUS para crear novas empresas

Hoxe arrincou a primeira edición do espazo Coworking que o Concello de Lugo e a Escola de Organización Industrial habilitación no Centro de Empresas e Innovación. Nesta primeira convocatoria competiron máis de 50 iniciativas, das que se selecionaron 22 proxectos e 34 emprendedores de Lugo que recibirán formación e asesoramento gratuíto, da man da entidade local e a escola de organización.

Á inauguración deste espazo, que tivo lugar esta tarde, asistiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o director do departamento de Aceleración Empresarial da EOI, Javier Benito, que coincidiron na alta calidade dos proxectos presentados, medio cento deles, e na importancia da cooperación entre distintas institucións para darlle un impulso ao emprendemento, que continúa en crecemento, alcanzando no pasado ano unha subida de preto dun 6%. Ao acto tamén asistiu a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto.

A rexedora desexoulles moita sorte ao tempo que os convidou a espremer ao máximo esta oportunidade, e a quedarse en Lugo. “Queremos reter en Lugo o talento dos lucenses, impulsando proxectos innovadores, independentemente do seu sector”, asegurou Méndez.

No acto tamén estivo presente Roberto Touza, mentor residente do Coworking, quen fixo fincapé en que en todo este proceso, cada proxecto poderá recibir 40 horas de titorías individualizadas e máis de 10 talleres específicos de emprendemento.

O programa Coworking, totalmente gratuíto para os beneficiarios, enmárcase na aposta do Goberno pola empregabilidade de calidade no municipio. Súmase ao plan de emprego 100% (Con) trato feito!, e aos obradorios Emprega-TIC, entre outras iniciativas. Ten un orzamento conxunto de 800.000 euros, para o que a EOI achega o 80%, é dicir, 640.000 euros, que á súa vez proceden do Fondo Social Europeo, e o Concello o 20% restante, 160.000 euros de fondos propios, 40.000 en cada unha das catro edicións.

Terá lugar nas instalacións do CEI-NODUS durante dous anos (2016-2017) e prevese que haberá 4 convocatorias sucesivas que de desenvolverán ao longo de 5 meses cada unha e que poderán acoller, en cada caso, uns 22 proxectos por convocatoria, participando en total nesta iniciativa uns 88 proxectos empresariais, nos que poderán tomar parte unhas 260 persoas.

Aséntase sobre 5 piares: obradoiros de formación; asesoramento personalizado e especializado; networking ou rede de contactos; presentación do proxecto ante inversores e busca de financiamento.

Multimedia

  • Un total de 22 proxectos e 34 emprendores lugueses recibirán formación e asesoramento dende hoxe no CEI-NODUS para crear novas empresas

Noticias relacionadas