Mércores, 06 de outubro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e a concelleira de Participación, Cristina López, participaron na nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola AELG en colaboración coa área de Cultura.
Este ano, a actividade celebrouse baixo o título San Froilán En-Foco. Memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica, e consistiu nunha proxección de imaxes comentadas por distintos fotógrafos locais de recoñecida experiencia. O acto foi presentado por Lois Pérez e Antonio Reigosa e contou coa ambientación musical de Luís Monsalve.