Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Cristina López, participaron na nova edición "Letra das Festas"

Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Cristina López, participaron na nova edición "Letra das Festas"

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Mércores, 06 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Cristina López, participaron na nova edición "Letra das Festas"

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e a concelleira de Participación, Cristina López, participaron na nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola AELG en colaboración coa área de Cultura.

Este ano, a actividade celebrouse baixo o título San Froilán En-Foco. Memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica, e consistiu nunha proxección de imaxes comentadas por distintos fotógrafos locais de recoñecida experiencia. O acto foi presentado por Lois Pérez e Antonio Reigosa e contou coa ambientación musical de Luís Monsalve.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ruben-arroxo-maite-ferreiro-e-cristina-lopez-participaron-na-nova-edicion-letra-das-festas