Presentación en Lugo dun novidoso sistema integrado para vehículos da Policía

Martes, 01 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Presentación en Lugo dun novidoso sistema integrado para vehículos da Policía

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao xefe da Policía Local, Manuel Novo, e o xefe do Parque Móbil municipal, José Reigosa, participou este martes diante da casa consistorial na presentación dun novidoso sistema integrado para vehículos da Policía e emerxencias, que incluíu unha demostración real do funcionamento do dispositivo, a cargo da empresa Veicar. Dito sistema, denominado Atenea, componse de diversas aplicacións que facilitan a xestión de avisos e emerxencias, permitindo controlar dende todos os dispositivos luminosos e acústicos, comunicacións, xestión e análise de datos, realizar grabacións de audio e vídeo, entre outras prestacións, mesmo en condicións ambientais e de visibilidade adversas.

Multimedia

  • Presentación en Lugo dun novidoso sistema integrado para vehículos da PolicíaPresentación en Lugo dun novidoso sistema integrado para vehículos da Policía

Noticias relacionadas