Pícar@s no mercado: as visitas, a través da experiencia, para dar a coñecer entre o alumnado o Mercado Municipal e a Praza de Abastos

Estas visitas terán unha duración total dunha hora. Neste tempo, as e os alumnos aprenderán como é un mercado, que tipo de produtos se poden atopar nel, como mercar e a importancia de consumir produtos de calidade

Ao final do percorrido polas instalacións, realizarase un obradoiro onde se explicarán, dunha forma divertida, os conceptos tratados ao longo da visita

Os colexios interesados en participar deben enviar un correo a praza.abastos@lugo.gal, indicando o día selecionado, o horario solicitado, o alumnado participante (un máximo de 25 por visita) e o curso

Luns, 29 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Pícar@s no mercado: as visitas, a través da experiencia, para dar a coñecer entre o alumnado o Mercado Municipal e a Praza de Abastos

O Concello preparou unha nova iniciativa para seguir difundindo as instalacións do Mercado Municipal e da Praza de Abastos entre a veciñanza. Nesta ocasión, a entidade local pon en marcha Picar@s no mercado, unha visitas guiadas dirixidas ao alumnado de educación infantil co obxetivo de dar a coñecer aos máis cativos e cativas estas instalacións municipais, así como de remarcar a importancia, para a saúde, dunha alimentación equilibrada.

Tal e como explicou a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, estas visitas terán unha duración total dunha hora. Neste tempo, as e os alumnos aprenderán, a través da experiencia, como é un mercado, que tipo de produtos se poden atopar nel, como mercar e a importancia de consumir produtos de calidade e de levar unha dieta equilibrada. Ao final do percorrido polas instalacións, realizarase un obradoiro onde se explicarán, dunha forma divertida, os conceptos tratados ao longo da visita.

Os colexios interesados en participar en Picar@s no mercado deben enviar un correo ao enderezo electrónico praza.abastos@lugo.gal, antes do día 6 de maio, indicando o día selecionado para realizar a visita, o horario solicitado, o alumnado participante (un máximo de 25 por visita) e o curso. Nesta liña, Rosana Rielo convidou aos centros educativos a sumarse a esta iniciativa moi apetitosa co que coñecerán ambos os dous espazos municipais, onde o trato é persoal, coñécese de primeira mán ao vendedor, supón un punto de encontro para falar coa xente de Lugo e onde os produtos son de calidade e proximidade.

Audio

  • A edil Rosana Rielo, sobre a nova iniciativa do Mercado e da Praza | Descargar mp3

Noticias relacionadas